miércoles, 28 de mayo de 2008

Erase unha vez unha aldea galega...

Érase unha vez unha aldea galega cun nome pexorativo para os Humanos. Durante centos de anos os seus habitantes padeceron a vergoña de naceres alí e agochaban as orixes dicindo pola comarca que as súas casas atopábanse na capital. E sucédense moitas e moitas noites ata que un día un Pato do lugar faloulles a tódolos veciños sobre unha gran cidade oriental con idéntico topónimo, moi rica e coñecida polos seus contos. As verbas chegaron aos oídos dos mozos dos arredores e a súa Arela por mudar o futuro converteu aquel recuncho do planeta en centro de relatos, historias, lendas, dramas, músicas... E dende entón moitas persoas que viven na capital contan na comarca que eles tamén medraron naquela aldea galega.

O cine e unha climatoloxía máxica transformaron do 21 ao 24 do 2008 a aldea do Porriño. Milleiros de visitantes asistiron ao V Festival de Curtametraxes de Cans, amosando ao mundo enteiro que en retranca cinematográfica Cans supera con claridade ao outro festival coincidente en datas, o Cannes francés. O rural reivindica con este festival o seu espazo no século XXI mentres Cans confirma o pulo da creatividade audiovisual galega.

O V Festival de Curtametraxes de Cans en cifras:
8.000 euros en premios. 5.500 persoas de asistencia (4 días). 600 entradas esgotadas. 350 proxeccións audiovisuais. Arredor de 200 persoas colaborando. 55 curtametraxes proxectadas. 38 entidades implicadas. 32 curtametraxes a concurso. 20 concertos de balde. 18 actividades paralelas. 10 Salas de proxección. 9 estreas audiovisuais mundiais. 8 chimpibuses. E coma dixo Alfonso Pato:
haberá VI Festival de Cans




PARA PODER VER AS SEGUINTES FOTOGRAFÍAS, AS MÁIS DE LUIS OTERO É
IMPRESCINDIBLE QUE ESCOITES AO MÁXIMO VOLUME QUE CHE PERMITA O TEU REPRODUCTOR, ESTE ANACO DO COMEZO DO CONCERTO DE TONY LOMBA & ELIO DOS SANTOS NO CONCERTO FINAL DO VFdC O 24/05/08 NO TORREIRO DE CANS (O PORRIÑO-PONTEVEDRA)


1 comentario:

Unknown dijo...

veña ooohhh, actualizade algo! poñede que xa están as bases se vedes que tal! En Certo estamos moi envexosos con ese festival: en Porto do Son hai unha aldea que se chama Cans e só a coñecen -poucos- por case 20 mortos a mans da Garda Civil en 1916. A ver se facedes unha curta ou algo, logo o irmanamento, logo nomeades cónsul honorario... O caso é ter ilusión!
www.certo.es