martes, 20 de mayo de 2008

Axeito o macuto rumbo á aldea-capital de Galiwood

Collín mudas, ghardei o rueiro de Cans, levo as chaves, un caderno e lapis, carguei o móbil, paraugas por se dá forte o sol (30%-40%-30%, Meteogalicia dixit). Pecho a mochila e aproveito o momento previo á saída para abrir unha emisora radiofónica co que apalpar o VFdC.

Para as ducías de miles de cans e cadelas que gosten do CansFestival, teño unha escolma ecléctica de temas musicais nos que se escoiten ouveos de cans. Metinos nun cd para a viaxe en coche. Este é o primeiro dos sete temas. Non podería ser outro que Mademoiselle Nobs, do meu admirado fluído rosa.



Este tema pertence ao directo en Pompeia grabado alí no 1971. A cadela Seamus canta coma os paxaros. Vou buscar cans en Cans que canten coma ela.
Ademais de cancións con ouveos, agardo escoitar as voces que pisen a alfombra azul, os chimpíbuses, as galiñas e o teu saúdo se te atopo en Cans.

Marcho.

2 comentarios:

frenchchou dijo...

Soan ben eses ouveos... Esperemos que non atraian as nubes a Cans!

Xes en Cans dijo...

A climatoloxía non impedirá que se poida ouvear durante os catro días do festival. Ou iso agardo...