jueves, 22 de mayo de 2008

Música para espertar o apetito do VFdC

A vida nas aldeas galegas xa non é o que era. A calidade de vida do rural empapa cada recuncho, e só os píos dos paxaros interrompen o silencio e a paz do día a día.
Cando pisei esta aldea decateime que Cans non sería posible sen os seus habitantes, que xa non conciben un maio sen festival. Cando chegues ti, con un pouco de sorte serás recibid@ co saúdo musical do Moncho.


Moncho é unha orquestra viva, as súas filarmónica e a pandereita xúnguense para descubrir unha revisión da música tradicional. Cando fai a reviravolta ao ritmo da melodía reafirma a cantidade de artistas e estrelas que viven na aldea-capital.


Entraban no jalpón de Moncho a modiño ata encher a sala. Todos os veciños e veciñas de Cans puideron ver dous traballos con claros protagonistas da comarca, as risas e os comentarios eran continúos. A expectación polo comezo do VFdC provocou que varias persoas permanecesen de pé. Pero xa se sabe, isto é Cans.
Logo un serán amenizado polos grandes músicas dos arredores, Anxo e Xulio, panadereiteiras de Cans e o xenio do acordeón Pablo.

No jalpón de Moncho rematou a xornada inaugural do VFdC e para rematar un agasallo sonoro para antes de durmir. Uxía sobresaínte. Mañá máis.

2 comentarios:

Siro dijo...

queda claro que o val da louriña é terra de artistas e músicos. espero unirme mañá á festa coa amiga reveladorA.

Anónimo dijo...

Calquera revelación será ben recibida. Agardamos impacientes a túa chegada Esme.