miércoles, 21 de mayo de 2008

Xurxo Souto bendice no jalpón de Moncho o VFdC

Por fin en Cans trala longa viaxe ata as terras do celuloide rural. Aquí puiden falar co Moncho, Chelo, Pepe, Uxía, con xente de Arela, pero faltan moitos ilustres cos que teño que conversar. Esta noitiña vai haber un serán cos veciños e veciñas da aldea-capital do planeta Galiwood. Aproveitareino para coñecer o que se coce na taberna e para ver as primeiras proxecións.O Festival de Cans só acaba de comezar.

A primeira retransmisión en directo e sen cortes publicitarios, dende o jalpón do Moncho e con ilustres convidados. Xurxo Souto e o comezo do seu programa radiofónico Aberto por Reformas, no que Moncho adianta un anaquiño do que vai acontecer os días que restan.



Procurarei que a vindeira retransmisión se vexa algo mellor. Se ves a Cans, decataraste que nesta aldea viven noutra dimensión. Cos pes firmes na herba humida e a cabeza soñando no balbordo que está por vir.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

deixade algo de festa para os que chegamos o sábado! ilustres ou desilustrados, queremos ter unha boa ilustración de Cans.

Anónimo dijo...

Mágoa non poder estar aí este ano!! Desfrutádeo os que podedes..