viernes, 16 de mayo de 2008

A capital de Galiwood xa está disposta. Arranca a quinta edición do Festival de Cans

Catro, tres, dous... xa queda menos para dar comezo ao espectáculo con maior prestixio na terra de Galiwood. Outro ano máis e xa van cinco, Cans acolle o talento e a creatividade dos FILMES con maiúsculas da cinematografía galiwoodense. O futuro e o presente do audiovisual iluminarán os galpóns da aldea-capital, a música acompañará a tranquilidade das veigas, e as galiñas e demais bestas danzarán ao son na Meca da curtametraxe galega...
A programación e os segredos que se cocerán amodiño nesta lareira terán o seu espazo no blogue que aquí comeza. Vémonos do 21 ao 24 de maio no Porriño no V FESTIVAL DE CANS!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Juego de palabras y fino humorismo gallego

peter p. de mille dijo...

A ver que carallo pasa co merchandasing?
É imposible mercar unha camiseta do festival, pola rede.
Rapaces non deixedes que se vos vaia das mans!!!
Máis merchandasing, xa!!!
E noraboa pola canle en Youtube.

Peter P. de Mille

Visite o noso bar:
www.contosdopaisdosolpor.com

Xes en Cans dijo...

Hei pesquisar como vai o do merchandansinj ese. Contocho.

frenchchou dijo...

O merchandising hai que mercalo en Cans. Por agora a cousa non dá para ter tenda on-line e enviar as camisetas e chapas a casa.
Pero se visitas o festival atoparás as camisetas no torreiro e en varios dos bares da parroquia.